Quen Somos

O 8 de novembro de 2000 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG núm. 224, do 20.11.2000) pola que se establecen as condicións que deben de cumprir para acollerse á denominación Viño da Terra de Betanzos os caldos elaborados nesa comarca vitícola. 

Rexistros a 31 de decembro de 2018: Superficie en produción: 5,2 ha Viticultores: 7 Industrias: 5 Volume de actividade no ano 2018: Produción uva: 19 874 kg Viño calificado : 5 500 l Valor económico estimado: 22 200 €

Zona amparada pola IXP Betanzos: A zona amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Betanzos está constituída polas terras aptas para a produción de uva dos concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, así como das parroquias de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Cullergondo, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Presedo, Sarandóns, Vilacoba e Viós no concello de Abegondo; das parroquias de Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Porzomillos, Reboredo, Salto e Vivente do concello de Oza dos Ríos e das parroquias de Osedo e Soñeiro do concello de Sada, toda ela na provincia de A Coruña. 

Características dos viños da IXP Betanzos: Son vinos lixeiros, de graduacións alcohólicas moderadas; os elaborados a partir de uvas brancas presentan unha cor amarelo pálido con reflexos verdosos; os aromas son frutais e florais e o sabor é lixeiramente acedo e con postgusto persistente; os elaborados a partir de uvas tintas presentan cores de intensidade media de vermello-cerdeira a vermello-cerdeira escuro; aromas a froitos do bosque e o sabor é suave con estrutura e persistencia medias. 

Variedades de uva da IXP Betanzos  

Brancas recomendadas: godello, branco lexítimo (albarín branco) e agudelo (chenín branco).  

Brancas autorizadas: palomino.  

Tintas recomendadas: mencía, brancellao e merenzao.  

Tintas autorizadas: gran negro e garnacha tintureira. 

Tipos de viños amparados: Brancos e tintos, elaborados cun mínimo do 60% de uvas das variedades consideradas como recomendadas. A graduación alcohólica mínima dos viños monovarietais é do 11% en volume e no resto dun 10%.